Instrucción de 28 de novembro de 2023 da Vicerreitoría de profesorado sobre Planificación de actuacións en materia de persoal docente e investigador relativas ao curso académico 2024-2025
A disposición adicional quinta do vixente Convenio Colectivo para o persoal laboral da USC, establece que en materia de roupa de traballo e vestiario a Universidade proporcionaralles anualmente aos/ás traballadores/as as pezas de roupa necesarias para o desenvolvemento das súas funcións. A subministración de vestiario implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo.
Co fin de que a dotación e recollida das prendas se leve a cabo coa debida coordinación e puntualidade, e unha vez negociado co Comité Intercentros, o Xerente, en uso das competencias atribuídas pola resolución reitoral do 21 de abril de 2022 (DOG do 26 de abril de 2022), dispón:
1. SOLICITUDE DE PRENDAS DE TRABALLO
As solicitudes hai que presentalas usando o seguinte formulario en liña: https://aplicacions.usc.es/intranet/solicitudes/xerenciaRoupaTraballo2023.htm
Os postos de traballo con dereito a prenda de traballo son os que se relacionan no Anexo I da presente instrución. Exclúense dela o persoal coa categoría de condutor e o que presta servizos en actos oficiais.
2. PRAZO DE SOLICITUDE
O prazo de solicitude será dende o 1 de xullo ata o 30 de setembro de 2023.
3. PROCEDEMENTO
Unha vez recibida a solicitude no Servizo de Xestión de Persoal/ Unidade de administración do Campus de Lugo e feitas as comprobacións oportunas, remitirase á dirección de correo electrónico da persoa interesada a credencial asinada pola Xefa do Servizo de Xestión de Persoal ou a Xefa de administración do Campus de Lugo segundo o caso. Unha vez recibida a credencial a/o traballador/a deberá:
3.1 No caso de estar destinado no Campus de Santiago, acudir á empresa concesionaria para retirar o vestiario ou, de ser o caso, para que lle tomen as medidas para a tallaxe das prendas e do calzado.
Empresa concesionaria: VESLA, S.L., Rúa José Villar Granjel, 4. Polígono de Boisaca, (Fronte ao Tanatorio) Santiago de Compostela
3.2 No caso de estar destinado no Campus de Lugo, serán avisados pola administradora do Campus de Lugo do día en que a empresa se desprazará a esa cidade.
3.3 O/A traballador/a entregaralle a credencial asinada á empresa concesionaria única e exclusivamente no momento de recibir as prendas solicitadas. A perda ou entrega indebida do resgardo, quedará baixo a responsabilidade total do/da traballador/a solicitante.
4. OBRIGA DE USO DA ROUPA DE TRABALLO
A subministración de vestiario de traballo implica o seu uso obrigatorio durante a xornada de traballo.
5. FACTURACIÓN DA EMPRESA CONCESIONARIA
A empresa concesionaria facturará á Universidade os importes correspondentes, acompañando as credenciais que deben estar debidamente asinados polos/as traballadores/as e pola xefa do Servizo de Xestión de Persoal ou da administradora do Campus de Lugo.
En todo o non regulado nesta instrución estarase ao disposto na x a mencionada disposición adicional quinta do Convenio Colectivo.
Santiago de Compostela, O Xerente Antonio Javier Ferreira Fernández
anexo I
CATEGORÍA |
Nº prendas |
ROUPA DE TRABALLO |
Vixiante/a |
1 |
parca bicolor |
1 |
par de botas goretex |
|
Persoal limpeza |
2 |
batas azuis ou pixamas de dúas pezas |
Cociñeiro/a |
1 |
gorro de cociñeiro/a |
Especialista de oficios (mantemento) |
2 |
fundas ou traxes de mahón ou batas azuis. |
1 |
chuvasqueiro |
|
Técnico/a en instalacións. especialidade calefactor |
2 |
fundas ou traxes de mahón ou batas azuis |
1 |
chuvasqueiro |
|