Todos os estilos gráficos, elementos de maquetación e follas de estilo para construír páxinas da web externa da USC están recollidos no manual de frontend.
Uso da cor como valor semántico.
Para distinguir as grandes áreas da web externa, estableceuse unha paleta de cores básica a partir da cor principal de identidade da USC que se pode empregar noutras aplicacións sempre que non colisione cos usos establecidos na web externa.
Tipografía.
IBM Plex é unha super-familia tipográfica desenvolta para a a compañía informática IBM en 2018. Está composta por tres ramas: un pau seco (sans serif), unha romana (serif) e unha monoespaciada (monospace), con múltiples pesos cada unha que aseguran poder seguir desenvolvendo o sistema de deseño da USC con coherencia. Para o deseño da web externa da universidade empregáronse as romanas na súa maior parte, exceptuando algúns apoios informativos e de navegación nos que se empregou o pau seco.
Fotografía e vídeo
A produción de fotografía e vídeo debe ser consonante coas voces e tons establecidos nos puntos anteriores. Non se debe aplicar ningún tratamento de cor non naturalista sobre as imaxes fóra dos que están incorporados nas follas de estilo CSS do manual de frontend.