Nos Graos en XXXX e XXXXXX da Facultade / Escola, o TFG é unha materia do segundo semestre do cuarto curso, de 6 créditos ECTS. Os alumnos e alumnas deberá realizar e presentar un traballo orixinal no que demostre as competencias adquiridas ao longo dos seus estudos de grao. No TFG débese elaborar unha memoria escrita e defendela posteriormente. O TFG incluirá, como mínimo, tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de información relevante, redacción e presentación. Dependendo da temática que se aborde poderá incluír, ademais, unha parte empírica sinxela ou unha análise de casos.
Poderán matricularse para a realización dun TFG aqueles alumnos ou alumnas do Grao que non teñan pendentes mais de 75 créditos do plan de estudos, excluídos os correspondentes ao TFG. Para que o TFG poida ser defendido e avaliado, son requisitos imprescindibles ter superados todos os restantes créditos da titulación e estar matriculado do TFG.