O traballo debe integrar e desenvolver os contidos formativos recibidos, capacidades, competencias e habilidades adquiridas durante os estudos de Máster.
Os traballos deberán estar orientados á aplicación das competencias asociadas á titulación, a capacitar para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes da súa área de estudo, para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica, tecnolóxica ou ética, e que facilite o desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Hai dúas modalidades de TFM:
- TFM-6: elaborar un traballo equivalente a 6 créditos ECTS, no que o/a estudante debe realizar unha revisión de literatura e unha achega empírica ou un estudo de caso.
- TFM-12: elaborar un traballo equivalente a 12 créditos ECTS, no que o/a estudante debe realizar unha exhaustiva revisión teórica e unha análise empírica para achegar unha contribución orixinal e significativa ao coñecemento da liña de investigación na que se encadre.